sábado, 24 de maio de 2008

Mau Colligit, demasiado Expurga, pouco Innovat.

Começaba o camarada umha reflexom sobre o Dia das letras, e as propostas que (apesar dos desenganos com a academia) tem. Tinha eu pensado aportar umha outra opiniom sobre nomeamentos, mas vou desviar a conversa. Mais que nada porque comparto os dous que aporta.

Coido que tod@s concordamos com que nom se justificam moitas escolhas feitas até o momento, em que em reiteradas ocasions estamos ante meras tretas editoriais, em que há vetos que nom se justificam, em que merescemos umha outra academia para a nosa língua.

Mas, precisamos REALMENTE de umha academía?

Procurando na página da RAG, encontrei as funçons que lhe som atribuídas.


  • Establecer as normas referidas ao uso correcto da lingua galega, conforme o disposto na Lei 3/1983, de 15 de xuño, de Normalización Lingüística, do Parlamento de Galicia, nomeadamente:

    • A elaboración da norma gramatical, ortográfica e fónica.

    • O inventario do léxico e a proposta dun dicionario de uso.

    • A modernización e actualización do léxico.


Ok. Nom creio que seja muito arriscado expor que a RAG (@s integrantes) nom posúem autoridade para ejercer tal funçom, que debería recaer na(s) Universidade(s). Quero dicer: Ferrín tem autoridade lingüística? Se case tem umha normativa para el só! E os que nom som escritor@s nem tenhem nada a ver com as filologias? Porque depois acontece o que acontece, e resulta que as "concordias" entre as universidades som rejeitadas pola academia porque há "aconselhamentos" telefónicos no dia anterior... e as persoas cedem ás presións, porque no fundo tanto lhes tem.


  • Estudar e propor a restauración da onomástica galega.


O mesmo, cousa das unis, do ILGA e dos serviços de normalizaçom.


  • Velar polos dereitos do idioma galego.

  • Defender e promover o idioma galego.

  • Asesorar os poderes públicos e institucións sobre temas relacionados co uso correcto da lingua e coa súa promoción social.


Há quem pense que a RAG vela, defende ou asesora? Reconheço (e é aquí onde vem a origem do post) que um dos meus maiores shocks durante a universidade foi, despois dumha conferencia na RAG, ouvir a umha académica falando em espanhol. Ok, antes de que isto fique cheio de spams, @s integrantes da academia tenhem o direito de falar o que lhes dé a "Real" gana, mas mal promovemos o idioma se nem o falamos. Anos despois aconteceu-me algo semelhante com o presidente, acho que era ele, mas já estaba vacinado contra esas cousas.


  • Estudar e dar a coñecer o patrimonio literario e documental da institución.


Única cousa de utilidade. E pode ser feito por qualquer fundaçom com bastante mais eficiencia.


  • Decidir a personalidade literaria á que cada ano se lle dedica o Día das Letras Galegas.


E estas som todas as funçons. Só mantemos a academia para que escolham umha vez ao ano a algúm d@s "poetas que forom"? E se investísemos os cartos noutras cousas? E se ficase só umha editorial, um museu arquivo organiçado e bem investigado e já está? A mim nom me parece pouco nem inútil para a língua.

Mas, umha maior demora na página da RAG revela os seus estatutos, de cujo prefacio tiro isto:


O galego ten hoxe un estándar ortográfico e gramatical único, estable e suficientemente consolidado, codificado pola Academia coa colaboración do Instituto da Lingua Galega. As normas facilitaron moito o seu ensino masivo e a intensa producción cultural. A lingua propia de Galicia, presente tamén nos medios de comunicación, está hoxe estudiada, prestixiada e difundida internacionalmente gracias ó traballo altamente especializado de numerosas persoas, non sempre membros desta Academia.


Pois resulta que nem estábel nem suficientemente consolidado. E a língua nom está aló muito prestigiada, pelos vistos. A língua difundida internacionalmente? Serám a dúzia de leitorados. Iso sim: é de louvar que reconheçam que nem som sempre eles os que fam as cousas...

Reafirmo-me: se queremos ter um "conselho de sábios", "cemitério de poetas" ou qualquer outra cousa así folclórica, polo menos que nom tenham competéncias. De outro modo? Todos para a rua, convertimos a RAG numha fundaçom (tiramos-lhe o R) e ponhemos os expolios a andar, que boa falta vai facendo. Montamos umha editora científica e rigorosa para o material que aló está e, (para esto si que podemos chamar aos/ás antig@s integrantes) facemos algumha homenagem de tanto em tanto fronte a estátua de Curros. Banda municipal incluída.

Entóm, e só entóm, empeçamos a pensar em Lois Pereiro e Ricardo Carvalho Calero para o Dia das Letras. Quando cheire a limpo.


E que há cousas que aínda nom se entende porque seguem a ser.

2 comentários:

Mario disse...

"el objetivo es cultivar las Bellas Letras en general y especialmente aquellos estudios que más pueden contribuir al conocimiento de la historia, antigüedades y lengua de Galicia" (Estatutos fundacionais da R.A.G., 1906).
Xa que non lle mudaton o nome cando era preciso non sei por que lle mudaron os obxectivos, a verdade é que estes casan máis coa maioría dos seus membros.

Por outra banda, o da masificación de institución é unha cousa que se leva falando xa dende atrás, e é producto dos réximes caciquís que estivemos sofrendo. Cada persoeiro quere ou ten o seu reino de taifas, aínda que coincida en obxectivos con outro.

E eu non aposto por Carvalho, estou pensando se facer unha postaxe coas razóns ou non.

Antuán disse...

Nom sabia que a RAG era umha espécie de "Plataforma Coimbra-Galiza" de começo de século (só que em espanhol, claro!) ;P

Quando falo das tuas duas propostas, referia-me a Xohán Casal e Lois Pereiro.

Carvalho nom? Por favor, escrebe sobre o asunto que tem interese (e polémica, seguro). A mim parece-me quase de obriga, pola sua gramática e pola sua história da literatura. Batante mais merecente que outr@s que já levaram o dia. Mas o problema principal, claro, é o da norma...