segunda-feira, 9 de fevereiro de 2009

a manifa do domingo desde lonxe

Hoxe non está a ser un bo dia no persoal, polo que vou prescindir dos chistes.

Como sempre que hai manifas: baile de números. A miña páxina imparcial favorita (libertad digital) informaba de "cientos" para pasar de repente a "diez mil". Vaia. Non seguín os xornais hoxe, era dificil despois de ver imaxes da acción da policía. (Por certo, onte a TVG dixo que a policia cargou contra os contramanifestantes para evitar "males maiores"). (Quen nos di, por certo, que as imaxes que aparecen nos slides dos xornais, "las imágenes de los enfrentamientos", están en orde cronolóxico? Na miña pouca experiencia, sabedes que non son dado a grandes proezas físicas, sempre é primeiro a carga e despois a secuencia botellazos/pelotadas/barricadas. Mas porqué a prensa apresenta sempre as fotos de um modo "estabelecido"?)


Tamén conseguín ver máis cousas, como esta foto. Acojona, eh? Toda a Quintana cheia. Portanto, ben mais das 2.500 persoas das que fala a policia local. Ou mesmo das 10.000 de Federico, se me apuras.

Despois vin un vídeo promovido por Gzvideos (non vous vou enganar, que non podo nen quero), están a favor do galego e en contra de GB. O vídeo mostra as dúas contramanifestacións (porque houbo a que aparece nos médios e outra de carácter ridiculista, quere dicir, de cachondeo.

E si, ambas foram reprimidas pola policía) (A foto do policía pedíndolle a documentación a un tipo vestido de vaca é antolóxica) (Ou a dos antidisturbios agarrando a unha vella que lle debía facer gracia a festa e levaba unha maraca). Mas nese vídeo, aló polo minuto 10:37 podemos ver que realmente hai xente pero non tanta, polo menos non tanta como na foto que mostro. No minuto 11:31 vemos a mesma imaxe desde outro plano. E, a verdade, teño que recoñecerlles aos de GB que cuidan os detalles e as perspectivas.


Que gaña GB coa manifa? Demostrar forza? Comparando os dados da ultima manifestación a prol do galego, a verdade é que non.

Remexer as augas, provocar portada de El Mundo e tentar danificar aos tres (si, aos tres) partidos que están no parlamento a favor dunha Rosa Diez que terá cero escanos. As organizacións indepes son moi fáceis de picar, e o abusivo desprazamento de antidisturbios é un bo caldo de cultivo para estas cousas. É agora? Un mártir que levou unha ostia nun ollo cando foi procurar grea? (Se vedes o vídeo tedes a un tipo cun paraugas que vai lanzado en várias ocasións a polos ridiculistas e ten que ser separado pola policia) (Por certo, que bons modais os da policía neste caso. Imaxinades o contrário?) Ah! E outra cousa: Se a policía reduce a un suxeito por agredir aos lícitos manifestantes e ese suxeito está a agarrar unha faixa coas dúas mans... como agrede? telepáticamente? (pois o home parece ser que está no hospital).

Por certo, e termino xa, na indymedia informan das denuncias por abusos físicos ás persoas detidas onte. Digo, porque é algo que non vai aparecer na Voz.

Se alguén quere falar sobre o motivo da manifestación, dous post fantásticos.

De resto, concordo.

sexta-feira, 6 de fevereiro de 2009

Gloria a Gloria

Copy Paste e comentario. Artigo escrito a seis mans e dous idiomas por Gloria Lago, La Voz de Galicia e un servidor. Entrevista integra a Gloria Lago.

Para quen non saiba quen é Gloria Lago: profesora de inglés dun colexio de Vigo e preside unha asociación que está contra “la imposición del gallego”.

Para quen non saiba quen é La Voz de Galicia: Xornal que está contra “la imposición del gallego”.

Imos aló:

La presidenta de Galicia Bilingüe, la profesora de inglés viguesa Gloria Lago, salpica su discurso de palabras como imposición , libertad de elección o discriminación . Asegura que su asociación busca recuperar «el bilingüismo tan atractivo que teníamos».


[Atención ao primeiro apunte: “Antes tiñamos un bilingüísmo moi atractivo”]


-¿De verdad creen que hay un conflicto lingüístico en Galicia?
-No hay conflicto lingüístico en la calle, el conflicto lingüístico viene de la imposición. Antes había discriminación a los gallegohablantes. Poco a poco se fue arreglando. Los gallegohablantes todavía no tienen reconocidos esos derechos. Pero lo que no se puede hacer es vulnerar los derechos de los castellanohablantes. Estamos siendo sometidos a una auténtica imposición del gallego en la educación, en la Administración, en la sanidad... Y corremos el riesgo de que se extienda al ámbito privado.


[Un momento: “Antes había discriminación aos galegofalantes”. Replay: “el bilingüismo tan atractivo que teníamos”. Interesante...]


[“Poco a poco se fue arreglando”. Carai! Tivo que ser solucionado nos últimos meses sen que eu me decatase, porque:


(15 xaneiro 2009)
http://www.xornal.com/article.php?sid=20090115105513

(febreiro 2008)
http://www.vieiros.com/nova/64478/burra-no-hables-lenguas-menores

(Xuño 2008)
http://www.elcorreogallego.es/index.php?idMenu=11&idNoticia=317024

(Xaneiro 2008)
http://www.vieiros.com/nova/63565/non-se-dirixa-a-min-en-galego

(Maio 2008)
http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Juzgados/hospitales/empresas/discriminan/gallegohablantes/elpepiautgal/20080505elpgal_2/Tes/


http://www.lavozdegalicia.es/vigo/2008/06/17/0003_6912509.htm


http://www.lavozdegalicia.com/vigo/2008/11/18/00031227026217025115953.htm

Esta dificil investigación foi conseguida tras insertar “discriminación” e “galego” ou “idioma” nun buscador de noticias.]

Desculpa ter interrumpido, Gloria. Segue:

Los gallegohablantes todavía no tienen reconocidos esos derechos. Pero lo que no se puede hacer es vulnerar los derechos de los castellanohablantes.

[Nota: Gloria e eu coincidimos neste ponto. Claro que eu non encontro vulneracións semellantes para os españolfalantes...]

Estamos siendo sometidos a una auténtica imposición del gallego en la educación, en la Administración, en la sanidad... Y corremos el riesgo de que se extienda al ámbito privado.


[Esta parte roza a parañoia. O que acontecería se o castelán sofrese un só dos exemplos que dixen antes?] [Muller, o da Administración... pois que queres que che diga, a Administración central non redacta nen dá a posibilidade do galego (idioma co-oficial en parte do territorio)... Un momento: “en la sanidad”?]

http://www.agal-gz.org/modules.php?name=News&file=articlecomments&sid=988
(2003, coido que na época do “bilingüísmo tan atractivo”)

A ideia que un médico devolve unha solicitude de probas com o seguinte comentario “Ruego traducción al español” (así, suliñado), pode parecer divertida para Gloria. Unha loita partisana e valerosa... mais é que estaba alguén esperando para unhas probas medicas. Un paciente. Que sentía dores. Ei!!! Baixade á realidade!!!

Resumindo: Temos un sistema sanitário onde se discrimina o español.]
[Non, ao contrario, desculpade... temos un sistema sanitário onde se discrimina o galego (isto das duas línguas, que fai que un se equivoque). Sigamos.] [Bo, a ideia de que “se extienda al ámbito privado” mellor nin a comentamos; primeiro porque é ridícula e segundo porque non se pode extender desde ningún sitio. Porque non existe]

-¿Un niño de Galicia debe terminar la primaria y la secundaria siendo competente en gallego y castellano?
-Depende de lo que entiendas por competencia.

[Toma!! O resto da resposta promete...]

La igual competencia en las dos lenguas es absolutamente imposible, a no ser que sea nula. Es imposible.

-¿Por qué?

[Gloria nunca decepciona, teño que recoñecelo.] [Atención ao asunto. É imposibel ter competencia en duas línguas. Así que tirade eses fascículos do “That´s english”. Resumindo: “Un cerebro, una lengua”] [O que me lembra a un chiste que adoro. “Como se chama unha persoa que fala tres idiomas? Trilingue. Se fala dous? Bilingue. Se fala só un? Español.”] [Ooooh! Que maleducado! Pensa alguén: Xa viron os nosos políticos falando inglés? Xa viron o mal que falan(mos) os idiomas estranxeiros os nacidos baixo o sistema educativo español? Será culpa do galego? Porqué é máis facil encontrar trilingues en Catalunya, Euskadi e Galiza do que no resto do territorio?] [Porqué andan todas as axencias europeias de educación falando de competencias lingüísticas e da importancia do plurilingüísmo? Pero se non se pode!!! Repetimos: “un cerebro, una lengua”]
[Un momento!!]

[Mais, atención, agora vai dar razóns científicas que deixen en ridículo todo canto acabo de escribir, maldita sexa esta aceleración miña!!]

- Porque eso es imposible.

[Uffff.... menos mal] [A vella e entrañabel “Porque si”...]

Yo soy profesora de idiomas.

[A non menos vella e entrañabel “Porque yo lo digo que sé de esto”] [Polo menos na idade média citaban Santo Tomás para as argumentacións, sempre é máis elegante que falar dun mesmo] [Atención: inglés... idioma orixinario de Inglaterra que se fala por todas partes] [Si, oh, esse idioma agresivo e colonizador que non respeita os dereitos da comunidade españolfalante dos USA]

http://www.pglingua.org/index.php?option=com_content&view=article&catid=3&id=315&Itemid=36
(aquí fala de Puerto Rico, unhas risas)

Los niños deben acabar la enseñanza conociendo ambas lenguas para poder llevar a cabo una vida en Galicia que les permita comunicarse con cualquiera que hable la otra lengua. Pero la terminología científica deben aprenderla en su idioma, es como mejor la aprenden. Los padres nos comentan que sus hijos han bajado su nivel de rendimiento.

[Vaia! Non sei o motivo, mas a primeira frase chía... así como se lle estivese a dar a risa frouxa]
[Ai, a terminoloxia científica non!!! Esa que non a toquen. A poesia, os rollos das vacas, si... Mas a terminoloxia científica non!! Nanai!!]

[Os rios, por exemplo. Parece ser unha temática constante com isto do idioma.
http://www.google.pt/search?hl=pt-PT&q=%22La+Voz+de+Galicia%22+Duero+Douro+Feijoo&meta=
(que non suliñe o comentario concreto non é por preguiza... é por culpa da miña acidez de estómago ante certos textos)

Esa teima de chamar “Douro” al Duero. Esa teima nacionalista e diferenciadora. Un neno non vai aprender nunca que “Douro” é Duero. E, claro, as calificacións dexeneran. Por non falar do pitorreo no mundo científico internacional. Imaxinan a un cientista galego falando da salinidade no rio Douro? O cachondeo que levaría por parte da comunidade científica?]

[Duero es Duero en cuaquer idioma. Non acreditan? Vaian a Encyclopedia Britannica (Si, amigos, os que temos REALMENTE clase, non consultamos a Wikipedia). http://www.britannica.com/ . Como teño por seguro que a grande parte coñece inglés (apesar da estúpida perda de tempo lectivo en materias como galego) (e grazas, evidentemente, á laboura de profesoras de inglés como Gloria, que velan polo saber da rapazada autóctona), saberán que o simboliño dunha lupa quere dicir “buscar”. Poñan Duero. Así. Bem grande. Enter.] [ta-chán!] [Incredibol, eh? Resulta que in english is called Douro River.] [Será que Gloria descoñece isto? Terá que repasar os seus apontamentos da carreira?] [Entón, se un galego fala coa língua recoñecida hoxe como a de maior prestixio... ten que dicir Douro River. Curioso]

[Ai ai!! Desculpa Gloria, esquecinme completamente de ti!!] [Dicias que os cativos baixaron o rendimento por culpa do galego]

[Xa vexo... esse 3% de descida é por culpa do galego. Entón como é que La Rioja non está en 10000 pontos e vida extra?? Por proximidade com Euskadi?]
[Por certo, esta ideia é túa?]
[Carai, Rosa. Ti por aquí. Que coincidencia!! Estabamos a falar do fracaso escolar por culpa do galego]

[Ui. Que galleguistas los del diario de sevilla, no?]
[Bon, sigamos falando do fracaso escolar por mor do galego]

-Pero eso, ¿por qué es?
-Porque estudian en una lengua que no es la suya. Cuando mi hijo prepara un libro de Conocimiento del Medio se lo tengo que traducir. Cuando coge la hoja en gallego tarda muchísimo. Le traduzco los apuntes a mi hijo y dice «¡Qué gusto!».

[Aiva! Primeiro sinalar que Gloria é unha super mamá: Traduce os apontamentos ao seu fillo (o que lle causa un excesivo pracer a el e supoño que a ela)] [Si?] [Un momento!] [Desculpade, era Freud, que estaba chamando á porta] [Dicia que traduce os apontamentos do seu fillo de conocimiento del medio e dá aulas de inglés e é unha figura da defensa do español...] [Supoño que tamén traducirá os de Galego e Literatura Galega] [O resto deben estar en español, se non os traduce] [Un momento!!! Pero o galego non se estaba a impor en todas as cadeiras?] [E que so baixamos pontos da clasificación por culpa de “conocimiento del medio”? Que eliminen a cadeira dos planos de estudos e arrasamos!!] [Cantos anos terá o seu fillo? Como será de espelido para, despois da imposición escolar do galego que el sofre, non saber ler uns apontamentos?]

-¿Por qué la manifestación del domingo?
-Por todo esto y por algo más.

[Si, oh! Polas eleccións.]

Es una cuestión de libertad. La base de una democracia es poder elegir.
[Traliareeeeeelo... elecciooooooooons]

Eso es lo que queremos. Las lenguas no tienen derechos, los tenemos las personas. Queremos que los políticos nos apoyen

[Corrixo. CERTAS línguas non teñen dereitos, como levamos falando un bon bocado. CERTAS persoas non teñen dereitos.] [Previously, on “Gloria Lago”: “el bilingüismo tan atractivo que teníamos” / “ Antes había discriminación aos galegofalantes”]

-Permítame una maldad:

[Gloria, non sei como soportas isto. Este xornalistucho a dicir maldades... eu, pola contra, estou a escreber co corazón na man, bágoas nos ollos e unha lixeira ereción... mais sen maldade ningunha. Eres tan boa que fan de ti un pandeiro, Gloria]

su manifiesto para el domingo está escrito en un castellano bastante pulcro, pero en el texto traducido al gallego he contado hasta siete errores lingüísticos. Da la sensación de que se escribe bien en castellano y regular en gallego. ¿No es conveniente hacer un esfuerzo en ese sentido, en los centros?

[Vaia. Sen palabras] [O interior de Gloria brama para abofetear ao tipiño e dicir: “Es que el gallego no nos interesa, gilipollas!!!! Que llevamos media hora aquí y no te has dado cuenta!!”]

-No sé qué quiere decir.

[Ben aguentado, campeona!]

-La gente escribe peor en gallego que en castellano...

[“La gente” Que etéreo modo de falar dos xornalistas de La Voz de Galicia. Menos mal que a maior parte do xornal está en español.]
[Pois claro que escriben peor en galego que en castellano! Porque UN CEREBRO, UN IDIOMA. Ademáis, Gloria xa ten bastante co inglés.. un momento: un cerebro, un idioma... inglés...mmmmm]

-Es lógico

[Vedes, xa o dicia eu]

, porque el gallego se empezó a estudiar hace poquito. Yo no tuve la suerte de estudiar gallego en el colegio.

[AI DIOS!!! Que cando falaba do “bilingüísmo tan atractivo” falaba de máis atrás!!!!]
[Por certo, outro sinal de que o galego está abusando do español: “se empezó a estudiar hace poquito”.]

-Por eso, ¿no hace falta un esfuerzo?
-Pero, ¿por qué? Tenemos que cambiar el chip.

:-O (Esta tipa é profesora??? De inglés???)

Las personas estamos en el mundo para ser felices y la Administración tiene que facilitarnos la vida.
:-O (Isto é a miña boca aberta)

Desculpade mas teño que desabafar: Puto Manu Chao e a sua teoría do buen rollito!!!! Odéiote, Manu Chao. E a ti tamén Amparanoia!!!
Ala! Flower Power para todos!! A vivir! Se escribo mal en galego. Pa que!!! Gloria, estas desmelenada...

¿Por qué tenemos que conocer una de las dos lenguas a un nivel determinado? Si siempre nos hemos entendido...

[Tarata taratataratataaa!!! Alá!!! El despipoque!!!! Sen rubor, Gloria!!!! Torera!!!! Que alegre e campechana!!! Dalle sen medo!!!!

Analicemos com calma, pasada a eufória da resposta:

“¿Por qué tenemos que conocer una de las dos lenguas a un nivel determinado?”
Pois porque, no caso do español, estamos obligados pola constitución. Ah! Que cando dis “una de las dos lenguas” estaste a referir a UNHA en concreto, non? Xa...

“Si siempre nos hemos entendido...”
Toma!! Estasme a transmitir o buen rollito, Gloria. Siempre nos hemos entendido!!!! Desde os tempos de “Hable castellano, no sea bárbaro”.]

[Mentiroso! Eso nunca existió]

[Pois eso: buen rollito y comunicación. Que siempre hemos vivido bien (nosotros)

De novo: “Os galego falantes sen dereitos... blablabla...”. En resumo: “Os español falantes estamos no mundo para ser felices” (“le pese a quien le pese”).
Seguimos, Gloria, que estas que botas lume!!!

-Es decir, no es necesario conocer bien las dos lenguas...

-¿Tanto como para que toda la población no tenga ninguna falta de ortografía?

-Sí.

-Hombre, lo ideal es que todo el mundo tuviese un nivel cultural determinado, pero usted sabes que eso no es verdad. Ahora, esto [señala el manifiesto con errores] es imperdonable.

[Esa autocrítica atinxiu meu corazón, Gloria]. [Pois isso, buen rollo. Que se os que falan galego o fan com erros... tampouco pasa nada. E o español? (e desculpa esta burda autocita). Carai. Xa parece outra cousa.

-¿No corren riesgo de parecer politizados?

[Desculpade, pero é de mexar de rir. “No, que va” pensa Gloria]

-No. Nos apoyan PP, UPyD, Unificación Comunista de España, Ciudadanos y Centro Liberal de Galicia. Hemos cubierto el arco ideológico.

[TOMA!!!] [Sen rubor]

[A ver, con calma. Primeiro, dicir que esqueces que tamén vos apoian partidos como Falange Española, Democracia Nacional e España 2000 (e non me vou dar o incomodo de facer ligazóns ás suas páxinas. Porque dan noxo e son ILEGAIS).

Segundo: A esquerda resumida en Unificación Comunista de España. A esquerda, Gloria, ten un problema que non hai na dereita. Mentres que un partido como o PP integra neo-liberais, ultra-católicos e filo-franquistas e aquí non pasa nada, a esquerda tende á disgregación: por cuestións ideolóxicas, pragmáticas, incluso ortográficas!! O simple percorrido polas diferentes internacionais socialistas (hoxe en día conviven varias “Cuartas”) dá exemplo diso. E coa disgregación de siglas chega a disgregación de militancia. É máis que posíbel que se á manifestación van tres persoas de Unificación Comunista de España, estexa aló o 100% da sua militancia (e mesa nacional). Por certo, non parecen moi separados de UpyD cando piden abertamente o voto para esse partido. Os grandes partidos ditos de esquerda non estarán na vosa manifa. Nen a esquerda revolucionaria, nen a pseudo esquerda, nen farrapos de gaita. Estrema dereita? Tédela todiña!] [“Hemos cubierto el arco ideológico” Si claro.]

[Gloria... es a ostia]


PD: Acrecento o link da entrevista. Sen trampa nen cartón. Integral.

http://www.lavozdegalicia.com/galicia/2009/02/06/0003_7510686.htm