sexta-feira, 16 de novembro de 2007

Alecrin I (Reverte novelista)

O centro Alecrin de Vigo entrega hoxe os seus prémios Alecrin-Alacrán.

O prémio Alecrin vai este ano para Carl Djerassi, "pai" da pílula anti-conceptiva, o Alacrán para Pérez-Reverte, o jornalista/opinador do semanario "XL Semanal" e Académico da Língua (espanhola).

Confesso que, do mesmo modo que o camarada, na minha primeira adolescencia fun leitor de Reverte ("querido idiota, nunca llegarás a tomarte las uvas" coido que comezaba a primeira coluna que lhe lin). A sua linguaxe "fresca" (ou iso pensaba eu daquela) libre de artifícios evidentes, a sua mala hostia... eran divertidas, sobre todo quando compartíamos o alvo das nosas críticas.

Tambén devoraba os seus libros e "El maestro de esgrima" ou "El club Dumas" deran-me horas de prazer (quem nom quixo nunca ser Lucas Corso? E falo dantes da película de Polansky...). Despois descubrin Cunqueiro, Cortazar (muito mais tarde) e xa nada voltou ser o mesmo... Do capitán Alatriste (coido que derradeira tentativa do meu pai por despertar em mim o "sentimento espanhol") só chegara a ler o primeiro e parte do segundo (eternos presentes de natal, como as edicións especiais de "El senhor de los anillos"), e na "Tabla de Flandes" aborrecia xa coas suas repeticións e o seu estilo barato (lembro o desenho de Pedro Vera no que aparecia Reverte cagando numa caixinha: "Arturo Pérez Reverte preparando su próxima novela para su futura adaptación cinematográfica").

Este verán, por recomendación do camarada Cousillas, peguei no "El sol de Breda", da serie do Alatriste (derradeiro libro oferecido polo meu pai, até que hai dous anos me sorprendeu coa primeira edición, numerada, do Don Hamlet de Cunqueiro) (...que caralho: "Quero-te papa!!!!" todas as nosas diferencias pasadas e futuras fican esquecidas con ese presente!!!).

"El sol de Breda", voltando ao tema, pareceu-me moi frouxo, demasiado repetitivo e epico-barato (nom confundir com "La sombra del Águila" que tinha uma épica "hispana" mais levadeira: Nos dous libros as personaxes son "españolas-españolas", mas os soldados de Napoleón conseguían mais empatía, se calhar por derrotados). Concordo co Diego na adrenalina e o heroismo que consegue transmitir... mas a minha repulsa a tanta espanholidade impede-me chegar a "saborear" iso.
Como novelista, portanto, Reverte caíu hai tempo da prateleira dos meus gostos. Mas nom era dos seus romances do que me queria falar. Vou ter que fazer outro post.

1 comentário:

Beatriz Pérez disse...

pode que como pertenozo ao grupo das "tordas"(esas mulleres que case case non merecemos esa denominación, xa que sería estar no mesmo "saco" que as mulleres de verdade,coa sua elegancia,saber estar...esas tipo grace kelly,ava gardner ou a mesmisima nai de reverte) non poida nen reconhecer os méritos de reverte como novelista...