quarta-feira, 3 de outubro de 2007

Material inflamável


Tirado do Gara . (Mais outra ração para que me acabem fechando o blog)


Como dizia o médico sudamericano dos Simpsons: "Rasho de idioma. Porqué lo shaman in-flamable cuando es flamable!!" (despois saltava pela janela para fugir do incêndio).

3 comentários:

A Raíña Vermella disse...

Pois tal e como está o patio, non cho van pechar porque non saben o que é un blog, pero non por falta de ganas (xa sabes que o xuiz que secuestrou o Jueves pediu que se lle entregara tamén "El Molde") O mais divertido desta historia é que Zapatero veu engadir que protestar si que se podía, pero dun xeito mais democrático. Queimar unha foto non é democrático? Facer churrasco, entón, tampouco? A monarquía, como a institución anacrónica que é, semella terlle moito medo ao simbólico, en plan pensamento máxico. E benvido, con retraso, ao blogomillo:)

Mario disse...

Deberían denunciar aos fotógrafos por non revelar as fotos do rei en papel ignífugo, así non había problemas.

Beatriz Pérez disse...

pasaría o mesmo aquí na Galiza se no seu momento queimásemos unha foto de Don Manuel? ou seguindo co tema das institucións(que claro, esta xente debe ter un conflicto interno moi grande "joder e que eu non son unha persoa,sonche unha institución! entón por qué tenho fame,sono e ganas de ir ao wc??", él está considerado agora como tal?si non é así, poderíamos queimar unha foto súa...por pasar o rato digo..tipo;"qué vas facer o sábado,quedamos para unhas cañas?non tío non podo que vou queimar unhas fotos do Fraga..."pasaría algo?