segunda-feira, 9 de fevereiro de 2009

a manifa do domingo desde lonxe

Hoxe non está a ser un bo dia no persoal, polo que vou prescindir dos chistes.

Como sempre que hai manifas: baile de números. A miña páxina imparcial favorita (libertad digital) informaba de "cientos" para pasar de repente a "diez mil". Vaia. Non seguín os xornais hoxe, era dificil despois de ver imaxes da acción da policía. (Por certo, onte a TVG dixo que a policia cargou contra os contramanifestantes para evitar "males maiores"). (Quen nos di, por certo, que as imaxes que aparecen nos slides dos xornais, "las imágenes de los enfrentamientos", están en orde cronolóxico? Na miña pouca experiencia, sabedes que non son dado a grandes proezas físicas, sempre é primeiro a carga e despois a secuencia botellazos/pelotadas/barricadas. Mas porqué a prensa apresenta sempre as fotos de um modo "estabelecido"?)


Tamén conseguín ver máis cousas, como esta foto. Acojona, eh? Toda a Quintana cheia. Portanto, ben mais das 2.500 persoas das que fala a policia local. Ou mesmo das 10.000 de Federico, se me apuras.

Despois vin un vídeo promovido por Gzvideos (non vous vou enganar, que non podo nen quero), están a favor do galego e en contra de GB. O vídeo mostra as dúas contramanifestacións (porque houbo a que aparece nos médios e outra de carácter ridiculista, quere dicir, de cachondeo.

E si, ambas foram reprimidas pola policía) (A foto do policía pedíndolle a documentación a un tipo vestido de vaca é antolóxica) (Ou a dos antidisturbios agarrando a unha vella que lle debía facer gracia a festa e levaba unha maraca). Mas nese vídeo, aló polo minuto 10:37 podemos ver que realmente hai xente pero non tanta, polo menos non tanta como na foto que mostro. No minuto 11:31 vemos a mesma imaxe desde outro plano. E, a verdade, teño que recoñecerlles aos de GB que cuidan os detalles e as perspectivas.


Que gaña GB coa manifa? Demostrar forza? Comparando os dados da ultima manifestación a prol do galego, a verdade é que non.

Remexer as augas, provocar portada de El Mundo e tentar danificar aos tres (si, aos tres) partidos que están no parlamento a favor dunha Rosa Diez que terá cero escanos. As organizacións indepes son moi fáceis de picar, e o abusivo desprazamento de antidisturbios é un bo caldo de cultivo para estas cousas. É agora? Un mártir que levou unha ostia nun ollo cando foi procurar grea? (Se vedes o vídeo tedes a un tipo cun paraugas que vai lanzado en várias ocasións a polos ridiculistas e ten que ser separado pola policia) (Por certo, que bons modais os da policía neste caso. Imaxinades o contrário?) Ah! E outra cousa: Se a policía reduce a un suxeito por agredir aos lícitos manifestantes e ese suxeito está a agarrar unha faixa coas dúas mans... como agrede? telepáticamente? (pois o home parece ser que está no hospital).

Por certo, e termino xa, na indymedia informan das denuncias por abusos físicos ás persoas detidas onte. Digo, porque é algo que non vai aparecer na Voz.

Se alguén quere falar sobre o motivo da manifestación, dous post fantásticos.

De resto, concordo.

7 comentários:

Mario disse...

Na Quintana é moi doado sacar fotos e que pareza máis xente, en boa parte polo efecto das escaleiras. Por exemplo, nesa que pos todos os que están nas escaleiras caberían abaixo, hai algunha outra onde se ve unha perspectiva máis realista e caben. Eu aposto por entre 1500 e 2000 como moitísimo.

A iso hai que sumar entre 8 e 12 autobuses que acudiron das máis diversas partes do Estado (Zaragoza, Andalucía, tamén estivo o Foro de Ermua e a AVT, pero eses non sei se virían de Eukal Herria). Así que galeg@s pouco máis da metade.

Por certo, que aos detidos pídenlles anos de cadea, nalgúns casos por impedir o dereito (fundamental) de manifestación, cando a súa actitude foi principalmente pasiva, sacando lemas ou cantando, fronte á agresividade dos outros (a un rapaz saltoulle un vello da GB a puñetazos, e podes ouvir nos videos como encirran á policía cando está cargando).

Antuán disse...

No vídeo de GzVídeos pódese ver como no meio hai unha franxa vacía. Uns listos, vamos!

Miguel a disse...

Na página de isca, vê-se como a polícia interroga e detem a uma pessoa vestida de vaca que mostra uma faixa, isso alem de sobrenatural!, está a dizer muito e mal, do teórico governo de esquerdas que governa o país.
Eu acho que é muito mais importante a repressão brutal que foi feita (e alentada pelo governo) na manifestação, do que se havia 1500, 2000 ou 6000 gajos.
Eu também vivi a manifestação desde longe, pois estou 1/2 emigrado, mas com governos que detêm a pessoas por ir disfarçadas de vaca, dá vontade de exilar-se.

Antuán disse...

Estamos, pois, na mesma situaçom, Miguel.

O da policia, como puidemos seguir polos medios nom oficiais (e até seguindo estes) foi injustificadamente violenta. E já me confirmaram que primeiro foi a carga da policia contra a faixa de Nos-UP (saída da Alameda) e depois as garrafas e montras rotas e guerra campal (Praça da Galiza, Ruas da Cidade Velha, Praça da Quintana). Ao contrario que os medios publicam nas suas slides fotográficas.

Mas eu acho que, apesar que temos que denunciar a violência política da policia (imensos blogs estam a fazer isso agora), nom devemos esquecer que este é o jogo que Rosa e cia estavam a esperar e fomentar. Queriam confrontos e capas de jornal (o da Sexta, incrível).

Por tanto: primeiro problema a falar? (cronologicamente) Os motivos da manifa (ver meu blog e sobre todo, o porto dos escravos). Segundo? A actuaçom desfasada da polícia, politizada e na maior onda de provocaçom. Terceiro? A actuaçom dos media, vergonhosa. Quarto? Quanta gente estava lá? Quantas pessoa em comparaçom com a última manif a prol do galego? (12.000)

Agora que Rosa e Falange Autêntica estám de volta em Madrid (com as 500 pessoas que foram mobilizadas desde a capital do estado). Ás galegas só nos resta recolher os vidros rotos e seguir com o nosso dia a dia, sem esquecer nunca que houve um domingo no que a policia pedia as identificaçons por estares a falar no idioma de Galziza e onde vacas foram detidas.

Se é que o dia em que Galiza saiba o que val uma vaca...

Arredista disse...

Há umha foto q ponhem em galizalivre q é aclaratoria da xente q acudiu.No centro da praza há um oco bastante considerábel.
O q máis me arrepiou foi velos informativos da sexta de onte a noite,pq da xente da extrema dereita podese esperar mas eu da sexta agardaba algo diferente.
O q me esta deixando alucinado é o senhor Pinheiro,superpinheiro,onte fixo umha defensa do idioma e atacou aos manifestantes de galicia-bilingüe.Decindo q había muita xente d fora do nosso país e q a maioría dos q íam na cabeceira nom eram galegos.Alucino com este home.

Suso Lista disse...

Menos mal que hai xente que saca imaxes,por que os "medios oficiais, enseñan unha cousa e contan outra. Galiza en Galego

Antuán disse...

O que levaría a unha reflexión sobre o "perigo" que internet supón para o poder, xa que as persoas temos agora acceso case en directo a vídeos, fotos e textos de persoas que están no sitio. Ten máis valor o blog de un xornalista no Irak no que o que a sua plataforma mediática lanza.

Aproveito para publicitar unha páxina de noticias "reais" que tenta dar a coñecer as loitas sociais, esperemos que falen do acontecido en Compostela.

www.passapalavra.info

Suso, benvido á corte. Pasa por aquí cando queiras, que os de Corme sodes recibidos de brazos abertos. O mesmo para o lisboeta.
(Arredista xa ten chave e Mário ten até estante no frigorífico)