terça-feira, 6 de janeiro de 2009

08/09

Morreu Pinter.

Por fin editaran as "Faltas de ortografía" de Cousillas, premio Xohán Carballeira 05.

Mário gañou o mesmo premio, arrasando.

Asistín a un curso onde coñecín blogueiros ilustres e voltei cheio de ideias.

O fin de ano foi en Coimbra, na Prà. Voltei ver moita xente a que quero.



Adoraría falar de todas estas cousas (tiña pensado un post sobre as tres primeiras liñas) so que non podo. Porque sinto que debería dicir algo sobre Gaza, calquera cousa. Falar que os tarados de Hamas non son un grupo terrorista e si un partido político. Que Gaza é un gueto e que o problema non é esta invasión ou os ataques aéreos, e sí a situación "normal" con cortes de luz constantes (fóra frigorificos), coa noite rota polos scaneres aéreos, sen poder utilizar a sua costa, que os palestinianos que viven aló non son árabes en casas de barro e sí unha clase media (moi parecida á nosa, a nós) que non sabe que facer cos Mercedes agora que non hai gasolina. Que Al-Fatah pasouse kilos, coa corrupción cando gobernaban e coa guerra civil e boicote que montaron cando o pobo lles retirou a confianza (Hamas, 65% dos votos). Que as televisións falan que o 95% do pobo israelí apoia os bombardeamentos sobre Gaza e eu non quero crer iso, como quero crer que o 95% em Palestina non apoia os rockets caseiros que pairan fugaces sobre os veciños antes de cair vai ti saber onde ou sobre quen. Que encontro tremendamente sospeitosa a rechonchudeza de líderes de un e outro bando. Que o de Europa xa canta, entre directiva da vergoña e este mutis "indignatio ma non troppo". Que é humillante ver como há palestinianos que comentan que eles "non son seres humanos" e que os nosos gobernantes ollan para eles e pensan "mala sorte". E entendo perfeitamente a Obama cando dí que el tambén se defendería se puidesen caer proxectís sobre as suas fillas. Porque é unha resposta que podería dar calquer pai/ nai de família. Só que o futuro presidente de NorteAmérica non pode ser tan parco. O qué faría se vivise nun território sitiado e bloqueado só porque os veciños (que lembremos están aí porque o pon no Manual do Dungeon Master) deciden que fixeron unha mala escolla política? (citade Kissinger, eu non lembro). Coller un lanzacoetes caseiro?

E o problema é que non son capaz de falar/escribir nada sobre isto. Sempre conseguín escribir (mal, mais escribir) sobre calquera cousa. Mais recoñezo que estou completamente superado, o parágrafo anterior é o único que podo facer. E ver o vídeo que o meu amigo fixo de Gaza, sobre todo a partir do minuto 7 e 35.


Mal comezamos o ano. E non sei de que serve un blog se non consegues falar.



1 comentário:

Beatriz Pérez disse...

como se chama o que fai israel?autodefensa,terrorismo? ah non, terrorismo non! que iso é o malo, o que hai que combater, o que asasina persoas! isto é tan patético que mete moito medo...