sexta-feira, 13 de março de 2009

Viejuno

National Coimgrafic apresenta:

As Repúblicas (a fin de contas este blog tiña como función achegar o mundo de Coimbra a Galiza) son, como moit@s xa sabedes, " unha mestura entre casa okupa, residencia de estudantes e piso franco da resistencia francesa". E as persoas que alí viven... ben, autocitándonos (espero algún día editar na net as obras académicas de Manel Afonso e Antonio Mira):

« (...) estudantes deslavados e badalhocos que se movimentam politicamente entre a extrema esquerda e o alcoolismo (sobrepondo por veces ambos)».

Mas non todo é tan simples como a capa de mugre e o cheiro a viñaza. Dentro de unha República encontraremos republicos e repúblicas (as persoas que teñen cuarto na casa, viven aló e tiran por ela) e comensais (persoas que asisten aos xantares, partillando os gastos de alimentación e as tarefas da cociña). Durante a miña estáncia en Coimbra e na República da Prà-Kys-Tão, no meu primeiro ano fun comensal, e despois entrei como repúblico. Ese é o curso normal, precisas de un ano para coñecer a casa, ás persoas e decidir se queres partillar unha vida comunitaria con elas. E ao contrário, despois de un ano, a casa sabe se podes ser unha persoa que aporte problemas ou solucións. (Acreditade que, nos dias boloñeses que corren, as Repúblicas non están escasas de problemas).

Unha vez ao ano, coincidindo co aniversário da casa, celébrase o Centenário da República, xa que un ano vivindo nunha república equivale a 100 anos no exterior (e isto non é esaxero). Nese día, toda a família é convocada para un día de festa. Isto é así porque, unha vez que és repúblico, a pertenza a casa é para sempre. Son os chamados "Antigos e Antigas" e, tendo en conta que a miña casa nasceu nos anos 50, abarcan un grande abano de idades que se xuntan unha vez ao ano co mellor dos sorrisos e as vontades, que non por nada "a Prà é amor".

Un dia enteiro coas suas duas comidas e festa até a madrugada, en compañía d@s que son, d@s que fomos e, quen sabe, se calhar de alguém que será "tripulação da nossa nau". Celebrando o 58 centenário da nosa casa (se as miñas contas de cabeza non fallan).

Por iso, no inicio do mes dos cravos, teño unha boa escusa para voltar a Coimbra, agora que son viejuno... digo, antigo.



1 comentário:

Mario disse...

As dúas noitas que durmín alí e o pouco que puiden vivir desa comunidade daban moito para pensar. Seguramente moito máis para importar á Galiza. E teño lembranzas moi vívidas de ambas mañás, mirando polas fiestras a unha Coimbra derrubada pero que eu sentía tan viva.

E da segunda mañá teño máis lembranzas, máis dores, máis xenreiras pasaxeiras, pero diso ti xa sabes os detalles.