sexta-feira, 21 de novembro de 2008

Historia dun naris

Esta é a historia dun naris que queria ver mundo. Era de cor verde porque amaba a terra, e redondo porque así podía viaxar rodando por todas partes. (Como cando o profesor de oficina de teatro dí que podemos rodar como unha bola con só concentrarnos. E vai o tipo, tenta... e consegue. E despois todo o resto da turma. E acabamos sendo bolas que rodan adiante e atrás por toda a aula e as gargalladas chegan até a secretaria, que sospira e pensa “xa están os do teatro”).


Mas antes de sair de viaxe foi protestar (porque amaba a terra e estaba orgulloso de ser un naris con identidade, e tamén comezaba a estar farto do que fan os que mandan, que sexan os que sexan sempre se parecen moito). E aínda con todo o que protestou non mudou de cor, apesar que grande parte dos narices que vemos por aí son vermellos (o que a veces lle cria problemas, porque escoita que é “un naris minoritario” e que “non serve para nada” porque “o que importa é ser un naris vermello, coma todos os outros. Iso é o normal”). Mas o naris desta história é verde, como as Fragas do Eume.


Despois subiu nun bus, e pasou toda a Travesía rodando desde o lugar do condutor ao asento do fondo (onde fican os cativos de quince anos que poñen os pes no asento do lado e escoitan música no seu telemóbel) pasando polos asentos do comezo (onde fican as señoras que resmungan que os cativos de hoxe non teñen educación) e, en xeral, por todas as persoas que están no bus (e que están fart@s de ouvir os resmungos da señora e a música do cativo). E rodou e rodou durante horas, nun movimento interno dentro do percorrido do transporte ateigado... até que chegou a beira dunha moza moi linda que, gostando do nariz e sen saber que esta amaba a terra e queria ver mundo (porque, de saber iso, teria gostado máis aínda do noso protagonista), meteuna no bolso.


Máis tarde, esa moza apañou un bus con destino Porto e outro cara Lisboa, onde se encontrou cun pallaso metido a profesor de galego en Faro. A moza linda ofereceulle o nariz verde, e o pallaso adorou porque nunca tiña visto antes outro naris igual (nen outra moza tan linda). E, pasada a fin de semana aló foi para Faro co naris, que nunca tiña visto tanto mundo. En tres dias un monte de kilómetros!! E foi en Lisboa e en Faro onde o naris aprendeu que aquilo que os outros narices vermellos lle contaban sobre “salir de piedrafita” non era certo... e soubo que podería incluso apañar un avión para São Paulo sen problemas. O naris estaba redondo de felicidade!!!! (E o pallaso xuraba que podía cheirar o mar dentro da circunferencia verde)


E, chegado a Faro, contoulle ao pallaso a sua historia. E o pallaso, que tamén amaba a terra, case fica redondo e verde da felicidade de que un naris tan orgulloso e amante tivese ido a parar, casualmente, ás suas narinas. E como tamén gostaba de ver mundo (o naris e el tiñan bastantes cousas en común) prometeu que, cando saíse de viaxe, levaría sempre o naris con el. E así poderían protestar en toda a parte, que xa están os dous fartos abodo das falcatruadas que fan os que en teoría defenden a terra (e a língua, por certo).


Así que, desde Faro: Galiza non se vende, goberne quen goberne!!





6 comentários:

Antuán disse...

E Rodolfo, que é un can do que nunca falei aquí mas que é colega meu e de tanto en tanto fai unha visita, olla para o pallaso e pensa "E se lle conto que é dunha promoción de Heineken?? Baaa... semella tan contento..."

A rapaza do arco disse...

que chula a historia!! estaba dando chimpos de emoción pensando que uns compañeiros meus atoparon na facultade unha caixa enteiriña de narices verdes sen indicación ningunha e xa estaba a maquinar que se cadra había un milleiro de pequenas historias como a da que chegou até ou teu narísss...

Ben, que unha cousa non quita a outra, aínda que nos desvelaras de onde viñan non quita que sexan riquiñas e que tamén poida construír a historia que elas desexen para si ^_^

Antuán disse...

Non non!! O da Heineken é unha ideia minha!! Non fago a mais mínima de onde saíran os narices verdes. Só sei que os de Gz non se vende tiñan uns e que a min chegoume outro... bom, e agora a dos teus colegas...

Imai disse...

ains

meu caro

quanto custa uma noite contigo?

já ves que fui perdendo o feminismo...


des-contando os días

beijo, beijao

Antuán disse...

Uma noite??

Uma noite no Farinho,
uma noite nom é nada.
Uma semaninha enteira
Isso sím que é Farolada!!!!!

Podes começar por enviar mail... é um bom principio para acabares conseguindo uma noite comigo. Ora bem... nom sei se a Bea ía gostar de nom ser convidada...

bjao.

Unknown disse...

son a primeira en escreber neste blogue no 2009...FELIZ ANO!!!