sexta-feira, 14 de novembro de 2008

Conflito

Así, sem grupo culto –ct-. Porque “conflicto” lembra a señorones de frac nun clube de gentelmans ignorándose os uns aos outros baixo a excesiva violencia do ambiente. E narices erguidos e xesto de noxo permanente (así, como as estiradas portuguesas ou as suas homónimas galicianas, as coruñesas) (Eeeeeeefectivamente, os que xa vivíchedes en Portugal sabedes ao que me refiro).

Pois iso, conflito. –Ito. Que soa mais a “king of the barrio”, a levar unhas ostias sen vir a conto e porque si, porque andas a ollar mal. Porque “así empiezan las peleas”. E cito Siniestro porque se non fose por Julián Hernandez eu, na minha inopia, non saberia da perda das sagradas formas no santo sepulcro do cristo bendito, onde todos querían a outra fazula dos seus irmáns (e o baixo ventre, e o fígado, e todas esas partes vitais tan boas de castigas a puñetes. A deus o que é de deus. E a Alí... Bumba ye!!!). Porque El falou de irmáns mais non de primos. E lástima que non estiveran eses ghipis dos chakras para deixarlles morado o terceiro ollo (do tigre). Menudo Conflito Vaticano montaran os ortodoxos: Paz, amor e comprensión... dicía, de novo, Siniestro.


Xa o Murado advertira nesa delicia que no santo sepulcro podería haber mais que ostias consagradas. Por outra banda, nós xa avisamos no secundário xesuítico coruñés, cando apresentamos un vídeo no que aparecía un loitador de pressing catch chamado “El saserdote serdote!!” (unha aperta para Alex, que agora cría fungos en Madríd) (non, non é parlamentário, é biólogo).

Pois conflito sotanístico, que non só de linguas vive o demo. Para @s que estexades fóra do mundo, aí vos vai (audio, please):





Duro, eh? Conflito lingüístico, conflito cognoscivo, conflito social de profesores en Portugal. Conflito no Congo mentres mandamos sms de solidariedade (che, lle, vos, lles) polo telemóbel. Conflito en todas as partes menos en Norte América, onde todo changhou. Que digo eu que poderían avisar no Congo que todo mudou no mundo e que van ser eles própios os que exploten os seus recursos naturais, que xa non é preciso dar ouvidos as empresas que queren mineralizarse e supereurificarse; que xa non son precisos os conflitos étnicos. Que se actualicen: estamos no mundo 3.0. Ou non?

O conflito, mudando de tercio, é a base do teatro. E non as subencións como pensan moit@s. Como non vai ser o xermolo se o teatro nasceu da relixión? El non será o video anterior unha performance de La Fura dels Baus? El non será unha campaña mediática pouco ortodoxa da igrexa católica agora que precisa clientes e está de moda o pressing again? Serán convertidos os Latin Kings na praza de San Pedro e mudarán o nome polo de Iudaeorum Rex? Entregará o IGAEM da man de monseñor Barrio as axudas para as artes escénicas con base nun concurso de “Gladiadores Americanos”? (a min ese home xa me deu unha bofetada e recoñezo que non doeu moito) (por certo, espero que sexades tan poucos...outro conflito, cantos van?) Será Manolo Planas o novo director do CDG? (outros ben mais broncos xa tivo).

E a nós? En que nos afectan os conflitos, o Conflito. Temos que abrazar o conflito, querer o conflito. A min, persoalmente, axudoume a salvar os problemas iniciais dunha cadeira e o abismo da depresión crónica. Porque agora mudei de líder espiritual e foime ben.

Así que coidadiño e ollo ao piollo, que a xente anda teimuda e conflituosa. Como ten que ser.




E para acabar como Rivas (salvando as distáncias) anécdota coruñesa.

A daquel punk de nome inesquecíbel que, ante a pigha mais pigha da coru, aguentando a sua voluminosa persoalidade contra un muro que tiña às costas e segurando con contundencia o litro de cervexa díxolle: "Gho. Eres la tia mas guapa de Coruña". E nesa milésima de segundo en que a miúda deixou de lado o seu noxo cara os seres humanos que non portan algo de Tous e ollou nos ollos dun daqueles lumpens aos que costumaba ignorar, el sorriu e deu por rematado o seu discurso cun: "Hija de puuuuuuuta!!!!!!"

E a galera, o que acha de tudo isto?

Sem comentários: