domingo, 26 de abril de 2009

Xa dicía o Luís

«Mudam-se os tempos, mudam-se as vontades,
Muda-se o ser, muda-se a confiança;
Todo o mundo é composto de mudança,
Tomando sempre novas qualidades.

Continuamente vemos novidades,
Diferentes em tudo da esperança;
Do mal ficam as mágoas na lembrança,
E do bem, se algum houve, as saudades.

O tempo cobre o chão de verde manto,
Que já coberto foi de neve fria,
E em mim converte em choro o doce canto.

E, afora este mudar-se cada dia,
Outra mudança faz de mor espanto:
Que não se muda já como soía.»


E é que comezamos en setembro de 2007, metendo as primeiras pedras ao que sería a corte. Por esta casa pasaron amig@s, convidad@s, espreitador@s, buf@s que en ocasións sorriron, ou mexeron a cabeza en desaprobación, ou deron unha ollada e despois fecharon a xanela, ou linkaron, ou copiaron, desabafaron, insultaron... O coitado que escrebe isto saltitou de norma ortográfica (mas non de convicións), desabafou, insultou, mordeu os beizos de carraxe, chorou algo, riu moito cos comentários, sorprendeuse dalgunhas ligazóns, entendeu como funcionaba o trebello este, aprendeu algo da blogosfera (sexa o que for), leu moitas cousas e viu mundo. E sentíuse un bocadiño menos só neste seu eterno retorno á Galiza, collendo impulso desde cada vez máis lonxe.


Por tanto:

Ondas do mar de Vigo,
se vistes ao meu amigo,
que marchei


até!!

sexta-feira, 17 de abril de 2009

Ahora que vamos despacio...

Antes do post, musiquiña da boa. Porque eu non deixo de ser un clasicote...




Bon, agora que xa estamos no ambiente: Mais outra vez, pegando na prensa séria e respeitada... desta vez nen lles meto o link. (Because yo lo valgo). Querería titular isto ao modo Muchachada (El viejuno del ojete morado), mais decidín cortarme... Aivá, escapoume.

Despois de todas estas introducións sen sentido, pasamos ao asunto: O vellote ao que lle promoveron un ollo a bispo fá unha entrevista na prensa séria. (un site destes estilo intereconomía só que máis cutre). Podemos dicir, pois, que é un post escrito a seis mans e cinco ollos. Imos aló. Coma sempre, os itálicos son meus.

***


«Santiago de Compostela.- Juan Manuel Pardo Valdés aguantó la manifestación hasta el final. No le frenó ni el dolor ni la sangre en su ojo derecho, ni tampoco las miradas de los más de cinco mil manifestantes congregados en Santiago de Compostela por la plataforma Galicia Bilingüe, el pasado 8 de febrero, para protestar contra la imposición del gallego como único idioma en las escuelas y en la vida oficial de la comunidad. Al fin y al cabo, había recorrido 120 kilómetros entre su localidad, Outeiro de Rei (Lugo), y la capital de Galicia, y no iba a rendirse en los últimos quinientos metros.»


O estílo lémbranos sen dúbida ás páxinas iniciais de O Sol de Breda, de Pérez Reverte. É como un parágrafo da Dragonlance, unha banda sonora do Tarantino, que avisa: estades ante algo épico!

Faro: Antuán observa pola xanela do seu quarto. Fóra, os prédios amoréanse baixo un sol escaldante. Tiña feito miles de quilómetros desde a sua Coruña natal. Sentía un leve picor no peito, mas aquilo non o ía facer voltar atrás. Estaba disposto a comentar mais outra vez un texto de alto teor sociolingüístico fornecido polo paladíns da liberdade. Abriu a carpeta da música e escolleu Sexual Healing, para dar mojo ao asunto. Agardou en silencio até sentir o cheiro do café da cociña. Café portugués. Meditou seriamente abrir un podcast para non ter que andar a escreber tanto. Mais non ía desistir nos últimos cincocentos metros...



Non, definitivamente a min non me sae...



«En medio de los insultos y agresiones con botellas y piedras, lanzadas por grupos de radicales nacionalistas, que trataban de reventar el acto, Juan Manuel Pardo no había soportado más el atosigamiento y respondió de palabra a los provocadores. Acabó rodando por el suelo y con una patada lanzada por un joven que alcanzó su ojo derecho.»



Juan Manuel atravesaba as fileiras de elfos mentres procuraba cobertura para o seu telemóbel, esquivando as frechas ardentes que se espetaban no chao, a poucos metros del. Ouvía, demasiado perto, os gritos dos hobgoblins e conseguía cheirar (conseguira até moito antes de estaren suficientemente perto para ouvir os risos e os insultos) o seu fedor. El non quería estar aí, na liña de Mordor, prefería voltar aos seus campos de mapoulas (mapoulas!) na vila de Outeiro de Rei. Sempre fora un tranquilo granxeiro e mestre de pequenos com problemas de deficiencias cognitivas, cultivando flores e rebentos a un tempo... Mas a descoberta do cadaver da sua mulher e os evidentes sinais deixados polos seus asasinos (colantes da Mesa pola normalización) o tiñan levado até o corazón do inimigo. El, un home de paz, buscando cobertura para avisar ao vigario Strenson que non poderá asistir á cerimonia do solsticio, que está envolvido nunha guerra que el non provocou. Fóra das liñas de protección, nas terras de Mordor (onde a sombra se estende), as tropas orcas gritaban na sua língua consignas de ódio e ameazas de morte. Un deles gritou para el e lembrou o que se divertira torturando a sua esposa... Así comezou todo.



Ahá! É unha questión de tema, non de estilo. Moi bem, despois destas introducións literárias, imos á chicha do asunto: The interview:


«- ¿Por qué acudió a la manifestación?

-Aquí se presentó como si hubiera sido una manifestación contra el gallego.»


Pois fatal feito. A verdade é que era unha manifestación de Monolingües que predicaban un falso bilingüísmo, cantando consignas de “libertá” para pedir accións antidemocráticas. Mais contra o galego? Nin de coña. Vaia empanada teñen os medios... menos mal que existen vías de comunicación como este e-xornal para dar conta da Verdade. Se nos fixamos bem, os académicos da língua, os profesores de galego e todas as persoas que defenden o idioma estaban aló. O que pasa é que a xente só fala dos autobuses que viñeran de Madrid e de Falange Española...

«Yo vivo en una aldea y hablo el gallego»

ufffff, que difícil de crer, mas non son eu ninguén para poñer en dúbida nada,


«así que no se puede decir que fuera contra nosotros mismos.»

Mmm... algo na frase non soa ben. Concordancias? E o que é máis interesante: “hablo el gallego” “nosotros mismos”... desculpa José Manuel, queres dicir que a manifestación non era contra os galegos, que son as persoas que falan galego? Carai, és bastante radical, José Manuel, non serás un infiltrado da Mesa?


«La situación de bipartito del socialista Pérez Touriño del BNG era insoportable.»


El socialista Pérez Touriño del BNG. Ou faltan elementos (o que dí pouco do tal e-xornal) ou estamos ante unha descuberta impresionante!!! Touriño un espía do BNG inserido no PSOE!!!


«La menor de mis cinco hijos, que estudia en un centro público, recibe todas las materias forzosamente en gallego, ni una en español»

Cielos!!

«, tan solo la de Lengua,»

aaaaaaahhhhh

«un par de horas a la semana.»

uuuufffffffffffff


«Habla un gallego precioso, con giros riquísimos porque está en contacto todo el día con la gente de la aldea.»

Warning! Warning! Combo de preconceito Nº1: Puñetazo, patada, media onda, patada, L2: “El gallego es un idioma muy bonito de la aldea” variantes coñecidas: “muy musical” “muy poético” “muy enjebre” “precioso” “es como terciopelo para los oidos”. Posíbeis continuacións: “peeeeeero (aquí vén o que sexa)” (continuación argumentativa) ou “y no eso que hablais en las universidades” (continuación agresiva).


«Pero como el idioma en los libros es totalmente artificial»

Como comprobamos, escollemos o Combo Nº1 continuación B (patada, patada), a pesar que o peeeero inicial podia levar a pensar o contrário. Estamos perante un profesional.


«e inventado por la Academia Galega y la Mesa por la Normalización»

aivá!!! E eu sacando o título. Se só con ter pagado os 18 euracos de afiliación da Mesa ou ser un viejuno na Academia tería bastado para mandar nas gramáticas deste país! Un momento. Inventado pola Academia Galega e pola Mesa... e o ILGA (Instituto da Língua Galega)? E as universidades? De cando é a primeira normativa do galego? Cando é a fundación da Mesa? Que pinta Carvalho Calero en todo isto? Cal é o motivo para que a RAG "deslexitime" (daquela maneira) o nome "Galiza"? Mmmmmm, se calhar non ten moito fundamento o que José nos quiere dicir.


«, con la bendición de la Xunta, que luego lo aplica a los libros y a la vida oficial,


ahá. Espera, a última normativa foi aprobada con goberno Fraga. E as anteriores. Mmmmmm, esta crítica non é contra o socialista do bloque Pérez Touriño, isto vai até os alicerces do noso sistema histórico-representativo. Que documento, señores, que documento!! Un momento, non será que José é reintegracionista?


«la niña tiene que traducirse la lección a español, estudiarla y luego volverla a memorizar en gallego.»

Portanto, a nena (que fala un galego lindiérrimo) traduce ao español para estudar e despois "memorizar" (atención aos verbos, brillante) en galego-klingon. Evidente. Este señor non pode mentir. Por certo, en Outeiro de Rei (gobernado polo PP) a escola pública dá TODAS as aulas en galego? (Aproveito para abrir unha demanda pública: NOMES, quero NOMES dos centros que fan todas as aulas en galego. Xa non abonda con "pues hay colegios que imponen el gallego". NOMES, basta de falar en "indefinido polémico", non entendo esa conxugación).


«- Por lo tanto, ¿no se arrepiente de haber asistido a la manifestación?

-Me arrepiento de haber contestado a la provocación. Debía haberme callado y aguantar que pasara todo, tragar saliva y no rechistar. Me da vergüenza a mi edad estar metido en estos líos. Los radicales fueron allí a tirar cascos de botellas, quemar contenedores y apedrear a la gente. Y también a sacarnos de nuestras casillas. En mi caso lo consiguieron.»


Aquí temos unha mostra de autocrítica, que demostra que José é unha persoa de sentido corazón. Espero que isto non acabe con un "le perdono al chaval".


Apedrear a la gente. Carai, non é o que eu vin nas imaxes... Os confrontos non foron coa policía? (por certo, post- carga policial non xustificada) (ah, paso de meter de novo os links, teño un post anterior falando diso)

"Y también sacarnos de nuestras casillas". Claro, unha persoa que non está acostumada á crispación como Rosa Díez, que non fai diso o seu principal aval político, non ten nin idea do que é a provocación. Apresentar unha manifestación a unhas semanas das elecións, en Compostela, non é ningunha provocación. Claro, a xente non estaba aí procurando a portada... Que, por certo, ti lles deches.



«- Tiene usted unos antecedentes familiares cuanto menos curiosos.

-Mi tío bisabuelo fue Eduardo Pondal, médico de la Armada y autor del actual Himno de Galicia. Recientemente la Xunta publicó un libro que recogía un manuscrito suyo en el que pedía que el himno no se utilizara contra España o para generar enfrentamientos. Por supuesto, hay grupos que no quieren tener en cuenta ese mensaje.»



Defina Eduardo Pondal en duas ideias: médico de la Armada.

Defina Rosalía de Castro: A filla dun cura.

Defina Che Guevara: Un que fumaba puros.


Non vou defender a Pondal porque non gosto moito dele, (Pero como! Que los del gallego no adorais todos lo mismo? Pero que es esto, por Dios!!) nin teño ideia da tal carta. Mas non é a primeira vez que cousas destas se teñen terxiversado e, aquí en confianza, non acredito moito na palabra de José.


«- ¿Hay un conflicto lingüístico en Galicia?

-A pesar de mi incidente, entre la gente no hay problemas. Siempre hemos hablado los dos idiomas. Incluso en Cataluña, donde he pasado algunas temporadas, he visto a ‘mossos d’ esquadra’ y a guardias civiles en armonía, gente hablando uno en un idioma y en otro, conviviendo. El conflicto lo han generado los políticos, especialmente los de la izquierda, que han cedido a la presión de los nacionalistas.»


Agora é cando imos ao Google e metemos "discriminación lingüística" (ver post sobre Glória onde teño varios exemplos).

"especialmente los de la izquierda" (mmmmmm....) comezamos a posicionarnos sen rubor (o que non me parece nada mal, que conste. Podería facer isto máis xente. Pois iso, que aquí non pasaba nada (polo menos eu non tiña ningún problema), e todo isto é inventado (polo goberno, a RAG e a pérfida Mesa pola normalización).

(Ah! A gozosa imaxe dos mossos e picoletos en "armonia" coreográfica é do máis delicioso. De que falarían? Das mellores técnicas de represión? De como torturar e dar palizas? (Non, non estou a favor da policía autonómica).


«Y en Galicia ¿cómo es la situación?»

ás veces chove

«Aquí todo el mundo habla gallego, un idioma precioso. Mi mujer, mi hija lo hablan… me encanta oírlas. Unos hablan en gallego, otros en español y todos lo hacemos sin conflicto. El problema es de los gobiernos radicales que han surgido ahora entorno al PSOE, que tratan de radicalizar la situación y acabar con la convivencia.»


"Aqui todo el mundo habla gallego. Unos hablan gallego otros en español." De novo problemas de coerencia. Por certo, voltamos ao combo ("precioso") ("me encanta oirlas" podemos comprobar como José senta cunha caneca de café mentres escoita durante horas entre sospiros á sua muller e filla falando.)

"Todos lo hacemos sin conflicto" Si oh! Mentres non pidas un choio en galego, vaias ao xulgado, sexas acosada polo teu xefe... (ver links) Ah! Que linda con(v)ivencia

«- ¿Cómo lo hacen?

-El gallego normativo es incomprensible hasta para los propios gallegos. Es de chiste. Se trata de un gallego inventado, en el que gran parte de las palabras no las entiende la población. Se conocen gracias a repetirlas machaconamente la televisión autonómica. El gallego que quieren imponer no lo fabrican los gallegos con el uso, sino los organismos oficiales de la Xunta. Ese idioma no es el que habla la gente. Así que cuando vienen a la aldea los estudiantes de Santiago, con su gallego de laboratorio, la gente de aquí se ríe y dice: “Mira que ben fala o alemán o señorito” [“Mira qué bien habla el alemán el señorito”].»

Este parágrafo combina co xa célebre ouvinte de Radiovoz Coruña, procurade por aí.

A ver... concordo con José. Desde a sacrosanta norma oficial non se ten apreciado os dialectalismos suficientemente (que penso que é unha das nosas maiores virtudes lingüísticas). Como habitante da provincia de Lugo que é e amante da língua, entendo perfeitamente as suas queixas. Mas daí a que anorma é "toda inventada" e que "gran parte de las palabras no las entiende la población"... no mínimo diremos que é un esaxero. (No máximo dicimos que é mentira, e xa non é a primeira vez).

"Gallego de laboratorio" (curiosa definición feita por persoas que, históricamente, negaran ao galego a capacidade de discurso científico) é unha das variantes da continuación do combo, especialmente gostosa na boca dunha persoa que só fala español. Se o patriotismo é o refuxio dos pillabáns, esta variante é o refúxio dos que recusan falar o noso idioma. Vai unha anecdota persoal (bon, miña non, é dun colega), despois da última reforma normativa, duas cativas coruñesas discuten na rúa: "Pues yo no pienso decir -bel ni aunque me maten...". Vaites, vaites...

As últimas liñas son deliciosas. É un exemplo da chamada retranca galega. A mesma que tiñan os manifestantes ridiculistas que se situaran á cola da vosa manifestación e que tamén tentaran ser agredidos. Por radicais. Que curioso, non?


«- ¿Tan paradójica es la situación?

- Así es. El primer objetivo del aparto político lingüístico de la Xunta es buscar siempre una palabra distinta y muy diferenciada del español. Si tienen que dar una vuelta de tuerca, lo hacen. Si no encuentran el término suficientemente diferenciado, entonces buscan en la lengua portuguesa. La televisión comienza a repetir el término y, aunque la gente no lo utilice, al cabo de un tiempo lo entiende porque lo ha ido asimilando por el contexto en el que lo emplean los locutores. Por ejemplo, en Galicia nunca se ha utilizado la palabra ‘estrada’ (‘carretera’ en portugués), pero nos la imponen cada día. Y así cientos de palabras.»


"El aparato político lingüístico de la Xunta" (cágate lorito!, disimulen a expresión). A min lémbrame a malvado de Pafman nun sillón por tras dunha, que curioso, Mesa...


Si, sen dúbida a norma escrita (porque supoño que é do que fala José) procura a diferenciación do español. Completamente. Diferenciadísimos. Por iso seguimos dicindo "ata" ou "guerra". Sip. Ademáis, as normas foran feitas na "Era Fraga", supoño que o aparello político linguístico (que levan todos uniformes grises e óculos verdes que lles fan ter aspeito de batrácios), facía as mesmas cousas. E, se non encontran unha palabra no nipón, ala! a buscar ao portugués!! Sin critério ningún!! Como se galego e portugués tivesen algo que ver! Pfffff... menudos canallas. Imaxina, querido José, que din que existe unha cousa chamada "Etimoloxía" (menudo palabrón, seguro que o sacaron do portugués) que sirve para explicar como son as palabras e os motivos de estas seren así... e din que a "etimoloxia" do galego é parecida coa do portugués (pero como!!! Si son dos países distintos!!!! Pero si hay una frontera en el rio Miño!!! Como es posible!!) Xa sei, José, a maldade dos secu aces de Carlos Callón non ten límites...


A palabra estrada, como ben apunta José, non ten uso ningún en galego nin nunca o tivo, así como moitas outras: "Deus", "avó", "bacallau" ou "xenético". Patrañas, puras patrañas.

Por certo, sabíades a da nave espacial que chegou de Omicron Persei V con un monte de aztecas que fundaran unha vila no norte de Pontevedra chamada "A Estrada"? Bon, deixamos esa para outro dia. Ao mellor foron eses os inventores da palabra Etimoloxiao ou Bacallau (cando todo cristián que saiba algo de galego entende perfeitamente que "Bacalao" é a forma própia, con ese "ao" tan galego (irmao, vrao... na costa dise "Bacallán").

Agora máis sério e erudito. Para que non digades que as miñas únicas referéncias son as séries e os comics, vou versionar Unamuno. O que quere José é un galego á sua imaxe: deformado por culpa das ostias. (despois desta pérola, seguimos).



«- ¿Por qué no presentó denuncia por la agresión que sufrió en la manifestación?

-Mire, yo hace ya muchos años milité en la ultraderecha. Y si lo hacía, ya les daba el titular, acabaría pareciendo yo el provocador. Así de triste es el asunto. Si has pertenecido a la extrema derecha, aunque fuera hace 30 años, y te cascan, pues bien cascado estás.»


Pois, moito mellor ter aparecido como a víctima...


Agora imos falar das oracións con significado imposíbel (que seguro que existe un nome técnico inventado polos secuaces da Mesa e que virá do portugués, mas entre nós conseguimos entendernos). Eu podo dicir: "unha laranxa azul", porque é algo que entra dentro do esquema imaxinario. O que non podo dicir é "militar na ultradereita hai 40 anos". Podo dicir "militar hai 30 anos" mas antes non. O motivo? A ultradereita hai 40 anos era o stablishment, o normal, o fascismo (xa sabedes, non? Franco e esas cousas). Portanto, o noso amigo José, hai trinta anos militou na ultradeireita, probabelmente descontento cos novos camiños que o país estaba a tomar. Se a isto unimos que é de Outeiro de Rei, só hai que ler "Polos fillos dos fillos" para facer unha ideia de que ía o conto. Hai trinta anos, case nada. Se podedes ler os comics de Carlos Gimenez, veredes quen eran os Lexionários de Cristo Rei. Iso son palabras maiores. Persoas que pistola na man, desfacían manifestacións. Comparemos co acontecido en Compostela... "no hay color". A ultradereita hai trinta anos, os seus militantes, estaban en contra do galego, da mesma Galiza e rabiaban pola creación do parlamento autonómico (si, o de cartón). Mas pronto: Libertá! Libertá!

"Acabaría apreciendo yo el provocador". Para iso non é preciso saber as tuas filiacións políticas, abonda ver o vídeo, José.

Home, sobre o de poder cascar á persoas de ultradereita.... mellor non digo nada, que despois a xente malinterpreta!



«- ¿Tuvo miedo?

-En absoluto. Lo que no quería es complicarme la vida con una denuncia que serviría para poco. Si uno ha sido en el pasado de extrema izquierda y te integras en ámbitos más moderados, te organizan homenajes. En cambio, si has pertenecido a la extrema derecha y haces el recorrido a la moderación, te siguen guillotinando. Todo el que se ponga a mi lado está contaminado y yo no querría perjudicar a Galicia Bilingüe.»


Medo eu? Un antigo falanxista? Chavaaaaaaaal......

Pois, aos membros da estrema dereita non os quere ninguén. En ningures. Naaaaa. Nop. Nin antigos ministros franquistas nin nada. Naaaah. Pérez Varela non brindaba con champán pola tentativa de golpe de estado de Tejero e non escribia consignas en panfletos da estrema direita falando contra da proliferación de sindicatos e lenguas regionales (anos despois foi conselleiro de cultura, se lembrades). Nada. Nadiña. Por certo, no vídeo non pareces moi moderado.


"Todo el que se ponga a mi lado está contaminado y yo no querría perjudicar a Galicia Bilingüe." Tranquilo, oh. Nada máis lonxe da miña intención...


Lembro que a secuencia completa do incidente (e da xornada) está en :


http://gzvideos.info/defender-a-lingua-non-e-delito-cronica-do-8f/


Versión reducida en:


http://www.anosaterra.org/nova/os-antidisturbios-cargan-na-protesta-de-galicia-bilinguumle-.html


Até parece que é o vello quen se tira a por el, non???

E agora, para rematar e como sei que vos mola mover o cú: musiquiña (que nada ten a ver con GB, Glória ou José, eu so fago isto para espallar o gosto musical...).






(imaxes tiradas da imprensa, de seioque.com e de odemo)

sábado, 28 de março de 2009

quinta-feira, 19 de março de 2009

A palabra é xenocidio

Coido que foi aló polo ano 94-95. Estaba en casa dun colega na vila da sua família, Irixoa (etimolóxicamente: igrexa pequena, “*eclesiola”). Pasáramos o día enteiro aló, o que era un pracer para un cativo coma min que xa tiña esquecida a que fora a aldea da sua infancia e estaba por coñecer a que sería a da sua maioría de idade. Xogar a bola cando os cans nos deixaban, claro; a imposibilidade de practicar "gardenboard" (leiraboard sería) nos herbeiros dos veciños. O meu temido rencontro con eses veículos de duas rodas e pedais que precisan cordinación... A verdade e que, sen ter unha lembranza completa da xornada, sí que gardo a sensación de me ter divertido arreo.


So teño duas recordacións concretas: a aterraxe, bici por un lado eu polo outro, a poucos centímetro de unha bela bosta de vaca (cabeza por diante, of course) e unha conversa sobre mulleres con un rapaz da vila ou arredores, un colega do meu colega. Tampouco fago a mínima idea de como chegou aí o asunto, mais só lembro ao rapaz falando de sexo e de SIDA (aquelas duas cousas que non entendiamos moi bem, polo menos eu) (e si, se comparamos coa data de nascimento, dá unha idade escandalosa para non entender desas cousas...). Lembro a seriedade do rapaz (tería a nosa idade ou menos e tentaría facerse o experto diante dos de fóra, supoño) cando falaba da imposibilidade de apañar a SIDA se, e non sei se cito textualmente mas non vou renunciar a o pracer de tentar, “apretabas coas máns ás cachas da tia”. (Agora que o escrebo, seguro que era "cú" e non "cachas"... mas o estilo é incomparabelmente mellor). Nin se mencionou, por suposto, o uso do condón (que nos debería soar a chino a todos, como o resto do campo semántico entrepernil).


Así naceu unha das miñas anécdotas favoritas. Xa non me ten tanta graza cando xente crecidiña anda com parvadas do xénero. E desta vez non é un habitante da igrexa pequena, e si o mandamáis da igrexa grande.


As declaracións do Papa son un atentado contra a vida de milleiros de persoas na África. E a el@s, quen @s protexe do Vaticano?






terça-feira, 17 de março de 2009

Vaites, vaites

Daredevil: Aquel fillo lexítimo que Frank Miller fixo nacer de novo. Aquel de quen Ben Affleck dixo que «Se esta pelicula fracasa non será só un erro. Significará que fixen o ridículo cun pixama vermello.» (E así foi, Ben) (Luser!!!). Un comic, en fin.

No último número encontramos a o vilán por excelencia, Kingpin, refuxiado nun recóndito país.


E, agora entre nós, alguén que se sinta tremendamente provincian@?


http://www.elmundo.es/elmundo/2006/08/13/blog03/1155504299.html

http://www.costadelamuerte.com/


Adicado con cariño a tod@s aquel@s que din La Coruña, Cayón e Los puentes cando falan en español.


Fetos e merinas

Segundo a Britannica:

«the unborn young of any vertebrate animal, particularly of a mammal, after it has attained the basic form and structure typical of its kind.»

Segundo a wikipedia:

«Chama-se de feto o estágio de desenvolvimento intra-uterino que tem início após oito semanas de vida embrionária (sendo conhecido antes como embrião) e vai até o fim da gestação. Após o parto, o feto passa então a ser considerado um recém-nascido.»

Por tanto, isto é un feto (a ecografía):



Isto NON é un feto:
















TAMPOUCO son fetos:






Portanto, que teñen en común as dúas fotos grandes da campaña da conf. espiscopal? Non hai que ser un lince para saber a resposta.
(Por certo, na parte superior da tal campaña aparecen diferentes imaxes que SI son de fetos. Alguén podería datar a primeira delas?)

sexta-feira, 13 de março de 2009

Viejuno

National Coimgrafic apresenta:

As Repúblicas (a fin de contas este blog tiña como función achegar o mundo de Coimbra a Galiza) son, como moit@s xa sabedes, " unha mestura entre casa okupa, residencia de estudantes e piso franco da resistencia francesa". E as persoas que alí viven... ben, autocitándonos (espero algún día editar na net as obras académicas de Manel Afonso e Antonio Mira):

« (...) estudantes deslavados e badalhocos que se movimentam politicamente entre a extrema esquerda e o alcoolismo (sobrepondo por veces ambos)».

Mas non todo é tan simples como a capa de mugre e o cheiro a viñaza. Dentro de unha República encontraremos republicos e repúblicas (as persoas que teñen cuarto na casa, viven aló e tiran por ela) e comensais (persoas que asisten aos xantares, partillando os gastos de alimentación e as tarefas da cociña). Durante a miña estáncia en Coimbra e na República da Prà-Kys-Tão, no meu primeiro ano fun comensal, e despois entrei como repúblico. Ese é o curso normal, precisas de un ano para coñecer a casa, ás persoas e decidir se queres partillar unha vida comunitaria con elas. E ao contrário, despois de un ano, a casa sabe se podes ser unha persoa que aporte problemas ou solucións. (Acreditade que, nos dias boloñeses que corren, as Repúblicas non están escasas de problemas).

Unha vez ao ano, coincidindo co aniversário da casa, celébrase o Centenário da República, xa que un ano vivindo nunha república equivale a 100 anos no exterior (e isto non é esaxero). Nese día, toda a família é convocada para un día de festa. Isto é así porque, unha vez que és repúblico, a pertenza a casa é para sempre. Son os chamados "Antigos e Antigas" e, tendo en conta que a miña casa nasceu nos anos 50, abarcan un grande abano de idades que se xuntan unha vez ao ano co mellor dos sorrisos e as vontades, que non por nada "a Prà é amor".

Un dia enteiro coas suas duas comidas e festa até a madrugada, en compañía d@s que son, d@s que fomos e, quen sabe, se calhar de alguém que será "tripulação da nossa nau". Celebrando o 58 centenário da nosa casa (se as miñas contas de cabeza non fallan).

Por iso, no inicio do mes dos cravos, teño unha boa escusa para voltar a Coimbra, agora que son viejuno... digo, antigo.