Este vai ser um ano de grandes novidades, meus caros...
Mais o primeiro é o primeiro. O meme dos dez discos.
Pista 1.-My Favourite Things (Atlantic) /John Coltrane (1961)
Antes que comecedes a escreber un post no que me insultades dicindo que son un ignorante e que A love Supreme e moito mellor album: esta escolla é sentimental e, portanto, persoal. A primeira canción (que dá nome ao album e que está tirada do filme Sound of music, Musica no coração en portugués) convertiu-se na miña escolla para eses dias de stress nos que precisas fechar os ollos e ter dez minutos de tranquilidade. É, sen dúbidas, un tema perfeito, redondo, clásico. Calquera que non opine o mesmo probará a miña intransixencia. Xa sabedes, non se critica Cunqueiro, Cortazar ou My favourite things. Avisad@s quedades.
Pista 2.-Ópera do Malandro. / Chico Buarque (1979)
“Ai! Quem me dera ser cantor!” Un dos discos mais famosos de Chico Buarque, composto sobre a melodía literária de Bretch. Das 17 cancións só considero musicalmente descartábel a que está “operistizada”, embora recoñeza que a nivel de argumento é necesária. O disco está cheio de pérolas, calquera das musicas é unha preciosidade: Pedaço de mim, Geni e o Zeppelin (que xenial adaptación da canción dos piratas de Bretch), Viver do Amor, Folhetim, Uma canção desnaturada, Teresinha... Case acabo por facer unha playlist enteira. Disco bastante melancólico, abundando as musicas tristes (esa capacidade de Chico para facer letras pesimistas, todo o contrário do que se acostuma pensar dos autores tropicais). Un diamante mais que recomendábel.
Pista 3.-Changes. / David Bowie
Pista 4.-Birth of the cool. / Miles Davis (1950)
Pois um pouco como o My Favourite Things, so que sem adoración irracional. Ademais, coido que foi um disco que marcou un antes e un despois. Aínda que iso non sexa novidade nun músico como Davis, que apresentou unha evolución tan dispar. Mas supoño que haberá xente que poida falar mais e mellor do que eu sobre Jazz, xa que son un simples amador (e amante iniciante).
Pista 5.-Construção. / Chico Buarque (1971)
“E agonizou na rua atrapalhando o sábado”. Outra do Chico e outro album triste. Considero a este xenio da altura de Dylan (ale, xa está a polémica servida) so que doutra latitude. É mais: agardo ansioso polo premio Camões ou a denominación de “escritor galego universal”(o único bonus que ten Dylan para o Nobel sobre Chico é a fama). É posível apaixonarte pola música (e polo idioma) só ouvindo este disco: Cotidiano, Samba de Orly, Desalento, Valsinha, Acalanto... e Construção, uma das miñas favoritas. Todo un exercicio de (de)construción do poema. Grande parte das músicas son de amor ou desamor mas introduce algunha que outra de temática mais social ou política. A famosa Samba de Orly tivo duas versións debido a sua denuncia da ditadura brasileira.
Pista 6.-Complete Savoy Live Performances. / Charlie Parker (1947-1950)
“Salt Peanuts! Salt Peanuts!” Xa sei que son catro discos (que trampulleiro!) pero non me vou dar ao traballo a escoller un. Charlie Parker é magnífico. E nesas grabacións está acompañado por unha equipa de músicos formidábel, Max Roach, Miles Davis, T. Monk... As pezas son, evidentemente, antolóxicas: A night in Tunisia, Salt Peanuts (algún dia faremos a versión portuguesa: “Tremoços!”), Ornithology (como escollían os nomes?), How High the Moon, Grooving High... O saxo de “The Bird” sobresae e sobresae e sobresae... e sube e baixa e dá un pinchecarneiro para voltar á melodia principal, voando. E ademais consegue transmitir a sensación de que realmente se estan a divertir, que realmente desfrutan do concerto. Case son quen de sentir o fume e o sabor do bourbon. E a suor.
Pista 7.-Os poetas. / Musicado por Rodrigo Leão (1997)
“Ha uma hora...” Unha pequena xoia literária musicada por Rodrigo Leão. Textos de poetas surrealistas portugueses acopañados por cuidadas pezas instrumentais. So a possibilidade de ouvir ao propio Cesarinny sen dentadura postiza recitando You are welcome to Elsinore fai que o disco pague a pena. Um moi bon exercicio de declamación e acompañamento musical. Serve tanto para marabillar-se com a poesía (“palavras diamante, palavras nunca escritas, palavras imposíveis de escrever por não termos conosco cordas de violino, nem todo o sangue do mundo nem todo o amplexo do ar”), como para nadar na música instrumental.
Pista 8.-Alchemy. / Dire Straits (1983)
Dixo o camarada Martin nunha ocasión que “o guitarreo mola-nos a todos cando temos quince anos, pero despois pasa-se... como os Dire Straits” (a cita non é moi fidedigna, mas a ideia era esa... xuro polo licor café!). E é que xa dicia Siniestro:“O rock´n Roll é un timo e non o saben os meus pais, que escoitan abraiados os Beatles e os Dire Straits”. Teño que confesar que aos quince anos eran o meu grupo favorito (herdado o gosto do meu pai), e pode que até os vinte tamén. Coido que é o grupo do que mais Cds podo ter (antes que existise o comunismo cultural da net), case a discografia completa. Con perspectiva, e facendo un auténtico sacrificio de autocrítica, pois si... un bocado guitarreo fofo a compartir cos discos de Clapton. Mais non sei, sempre queda algo dese cativo de quince anos que lía comics, xogaba ao rol e ouvia os Dire Straits (si, xa sei... patético) e, ás veces, o Alchemy é unha boa escolla para ouvir algo (e imaxinar que tes unha gitarra imaxinária... que virtuosismo!!).
Pista 9.- Ante todo mucha calma. / Siniestro Total (1992)
Porque tod@s fomos nov@s, que caray! Xenial a etapa punk (Mata hippis en las Cies!) e a posterior mais rockalleira. Agora a xente di que xa non son tan bons como antes. Non concordo. Seguen sendo un grupo estremadamente variado nas suas músicas e con unhas letras brutais... son os meus fornecedores principais de frases para o messenger (o cal pode que non sexa un bon reclamo publicitario). E por un dos directos mais divertidos que xa teño visto (“Porque un empate NUNCA es una victória”). Lástima que cando veñen á Coruña os descerebrados boicotan o concerto. Vigo si, ostia!!!
Pista 10.- Favela Chic Posto nove Vol. 1 (2001)
“Manda o som, DJ”. Un clásico das festas na república da Prà-Kys-Tão (que é amor). Unha sorte de recopilación ecléctica (funky, samba, forró, rock, capoeira, dj...) de autores brasileir@s. Obras que xa entraron no pódio do bailongo conimbricense: Juiz ladrão, porrada solução, Eu sou favela, Mangueira, Popozuda Rock´n Roll... E ese tema que fai aflorar as bágoas nos ollos de tantas Erasmus e que xa é mais que un hino xeracional promovido polo mestre Teixeira e un humilde servidor... O Chinelo de Rosinha.
Bonus Track.- Frank Sinatra and Count Basie. Live at the Sands. (1966)
Conseguin esta grabación uns meses atrás. Por se aínda non vos díchedes conta, gosto do Jazz clásico e Cout Basie e a sua orquestra son dos meus favoritos. Aquí está combinado coa voz da “Voz” nunha actuación en Las Vegas. Sinatra na sua faceta de showman cabareteiro, facendo chistes sobre Dean Martin (“é o pior bebedor que coñezo. Se fixésemos unha equipa de bébedos...el sería o adestrador!”) e entretendo ao persoal coa sua maravillosa voz. A selección de músicas inclue clásicos como I´ve got you under my skin, Fly me to the moon, Chicago ou You make me feel so young... puro divertimento.
Quedan fora (e desordenados), porque non ha sitio para mailto:tod@s Zeca Afonso, Aute e Silvio, Iggi Pop, Hermeto Pascoal, The Cure, Elis Regina, Radiohead, Caetano, Tirsen, Sabina, Mozart, Berrogüetto, Pucho (si, son un pailán), Ella, Vinicius-Jobim, Serrat, Los Guapos e Xosé Carlos Caneiro. (e Dylan, pero non o penso citar neste meme). O de Carla Bruni xa é algo que vai mais aló...
Vai este meme para a Lidia, o Martin, a Arqueira e a Lua Neghra. Sorte!!! Espero que non tardedes tanto coma min...
E como presente de fin de meme e comezo de ano... um bombonciño.
De nada
3 comentários:
Acepto o reto. Mañá ou pasado farei a miña selección de dez.
ainsssss
Intunes (pronunciado á maneira açoreana), en q embolados me metes!!!
contesto pronto!!!
mil bicosss
a foto?
un regalo de josué, q fai animación 3d e desenho e así (por dar envidia) sobre unha foto miña.
con photoshop
saberás q volvo escribir.
mil bicos
Aquí lle queda: http://pawley.blogalia.com/historias/54689
Enviar um comentário