sexta-feira, 9 de novembro de 2007

O jogo mais freak do mundo

Há anos descobri da mao do senhor Marcellus Wallace o jogo mais freak do mundo, que nom é outro que imaginar a determinado grupo (os teus colegas, a tua família...) inseridos num mundo de fantasia. As posibilidades, aquela noite, ficaram reducidas a O senhor dos aneis e a Star Wars, com os nosos colegas de integrantes. Ora bem, e se ampliarmos um bocado mais o espectro. E se juntar-mos dois mundos imaginários num machuco de cor e magia?

Eu proponho o seguinte jogo entre a pequena família que visita esta cOrte (espalhem se quiserem, claro): mesturar o sistema literário galego com o mundo do Harry Potter. (adicado, por suposto a Bea) As posibilidades som múltiplas, deixo-vos duas:


O perturbador professor de defesa contra as artes escuras de turno: Miguel Anxo Fernán-Vello no seu antigo look. Perturbador. Muito perturbador.


Dumbledore: Isaac Diaz Pardo. O sempre fofo e venerábel anciao que chamou "puto reformista de mierda" ao Castelao.





Joguem (se quiserem). Por suposto vale repetir e tudo.

7 comentários:

Unknown disse...

diosss!que proponhas este xogo precisamente hoxe, que recibín como prenda de aniversario o último de Harry Potter(en inglés,terían que darme tamén un diccionario co libro)!tenho que pensar personaxes,tenho que pensar...

A Raíña Vermella disse...

Margarita Ledo como Minerva McGonagall, a profesora de Transformacións (de novelista a profesora e a directora de cinema) e xefa da casa Gryffindor.

Imai disse...

Noel Blanco mourelle como Harry Potter e os seus amigos, David e o rapaz alto, como Hermione e Ron (papeis intercambiábeis segundo a teoría queer). E q conste que o digo polas gafas que leva, que eu nunca lles chamei comparatistas e que salvando as distancias eu teño moito q agradecerlles, como a case tod@s @s minervit@s...

Imai disse...

explícame o q teño q facer co meme, q non me enterei!!!!

bicos

Imai disse...

explícame o q teño q facer co meme, q non me enterei!!!!

bicos

Unknown disse...

xabier cordal superviviente do grupo de poetas "bos e idealistas" ronseltz, como sirius black superviviente do grupo de magos e bruxas "bos e idealistas" que queren salvar o mundo de..(o que non debe ser nombrado..)
yolanda castaño como a fermosa e infame(e algo desquiciada) bellatrix lestrange
mario regueira ten que ser harry...

Antuán disse...

Eu já encontrei outros dous profesores de defensa contra as artes escuras, e podem impartir a cadeira a medias: Xose Carlos Caneiro e Jaureguizar.

(Mario como Harry?, nom o acabo de ver muito... ti que pensas, Mario, fas uma cicatriz na fronte?)